
Teatro e xestión cultural
Suricata cultura nace da experiencia como actriz, creadora e xestora cultural. A través de Suricata Teatro conto historias enfocadas principalmente ás infancias, con espectáculos que buscan achegar coñecementos e fomentar a creatividade, a confianza e a participación. Fágoo a través da nosa lingua, o galego, apostando por un teatro que convide a explorar perspectivas críticas, históricas e lingüísticas, que aborde as realidades que nos rodean desde unha mirada feminista e que dialogue coa cultura, a identidade e a memoria de Galicia.
Como xestora cultural, gústame conseguir que os proxectos conecten coas persoas e o territorio. Creo na cultura como un espazo de encontro, reflexión e transformación, e disfruto dese proceso que vai dende imaxinar unha proposta ata facela realidade, creando oportunidades para que a cultura chegue a novos públicos e xere experiencias con sentido.
Creacións escénicas e narración oral
O teatro é unha linguaxe artística diversa, da man da teatralización busco para atopar diversas formas de contar e de conectar co público, mantendo un equilibrio entre o valor artístico, a reflexión e a capacidade de sorprender.
Cultura e territorio
Creo na cultura como ferramenta de encontro, reflexión e transformación social. Quero que as artes cheguen a públicos diversos, explorando novas formas de participación cultural, con especial atención á infancia, ao medio rural galego e á creación de propostas vinculadas á nosa lingua e identidade.
Xestíon e distribución.
Traballo para crear pontes entre os proxectos culturais e os espazos nos que poden medrar. A través da distribución de propostas escénicas, busco oportunidades de programación e novas vías de colaboración con entidades e institucións, contribuíndo a que as creacións cheguen a outros públicos e contextos.
Os espectáculos
Os nosos espectáculos combinan ficción, aprendizaxe e pensamento crítico para achegar ás crianzas coñecementos que poidan conectar coa súa realidade.
En Begoña Caamaño: a tecedora de historias, achegámonos á memoria e á literatura galegas, poñendo en valor a vida e obra da autora mediante o xogo e a participación. En Bruna e o ovo do dragón, empregamos a fantasía e a aventura para cuestionar os os medos infundados, fomentar a igualdade e reivindicar a validación en ser as primeiras en facer algo dun xeito distinto. Dúas propostas que fan do teatro unha oportunidade para aprender, formular preguntas e descubrir outras maneiras de comprender o mundo.
CONTACTO
Suricata Cultura
& Suricata Teatro
Moraña, Pontevedra.
(+34) 617 59 14 50
suricatacultura@gmail.com

@suricatateatro

